sábado

Biblos prepárase para acollernos!!!

Hoxe tráiovos ata esta ventá nada menos que o escaparate da Librería Biblos. 

As persoas que estades en Lugo, ou preto, podedes pasar por alí e velo "en vivo"; outras teremos a sorte de gozar del o mércores que vén e, ás de máis lonxe, achégovolo por aquí para que non deixedes de ver o ben que o decorou Ana colocando con tanto gusto todos os "tesouros" de Anya... Unha artista!




A que apetece velo? Pois alí nos esperan, recórdovos, o vindeiro mércores día 26 de febreiro a partir das 20:00h.


Grazas!!!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Gracias a ti por todo, Sabela!
Estou desexando que chegue o mércores :)
Ana

Sabela dixo...

Ainsssss... e eu empezando a poñerme nerviosa!!! ;)
Un biquiño Ana, dá gusto colaborar con vós. Grazas!