sábado

Só faltan cinco días...

Lembrades a Mantiña de cores? Cando artellei o do seu sorteo parecía que tiñamos moitos días por diante pero... xa só quedan cinco!!!

Comparto por aquí con todas e todos vós, as 65 fotos que temos a día de hoxe. Veredes que hai auténticas marabillas. Grazas!

Recórdovos que nestes cinco días aínda estades a tempo de enviarme unha foto co (ou do) libro, pois quedan 35 números por asignar (desde o 65 ata o 99).

Se no sorteo do día 20, o número premiado na Once non coincidise nas dúas últimas cifras con ningún dos asignados para a mantiña, deixaríamolo para o sorteo do día seguinte e así sucesivamente ata que tocase. Parécevos?

Quérovos lembrar tamén que por cada foto que enviedes, eu comprométome a facer chegar ao Orfanato de Vorzel' (Ucraína) o beneficio que a min me corresponda como autora deses exemplares.

A ver se vos gusta...



Ningún comentario: