mércores

!!!رحلة سعيدة

Boa viaxe!!! 

Mañá é o día en que "O agasallo de Anya" partirá de Galicia, con Noemí e a súa familia, cara ao Deserto do Sahara.
Xa hai uns días que Xiana está preparada xunto cos "diarios" e demais material (afías, gomas, lapis, teas, abalorios, fíos, libros...) que lle entregará aos nenos e nenas da escola que coordina Moha en Khamlia (Marrocos) e cos que Noemí coserá fardeliñas para gardar segredos...


Tamén temos lista a versión particular de "O agasallo de Anya" en diapositivas e mesmo con copias impresas en papel para que poidan ir seguindo o relato que fará Noemí sobre a historia de Anya e Xiana sen perderse detalle.


Ademais do material en español, preparamos con Moha unha serie de diapositivas en árabe que pintan así de ben. A ver se vos gustan...






(...)

Faime moita ilusión esta nova experiencia arredor do meu libro, que as nenas e nenos de Khamlia coñezan a historia de Anya e Xiana e que un par de exemplares da novela fiquen nos andeis dunha humilde escola no Deserto do Sahara. Non podo estar máis contenta!!!

Agardo que, en breve, Noemí poida contarnos cousiñas desde alá. Compartirémolas por aquí, vale?

Ningún comentario: