domingo

No CPI de Navia!!!

Foi outro encontro estupendo, marabilloso, máxico...

O pasado xoves, día 24, viaxamos Xiana e mais eu á vila de Navia de Suarna. Ata chegar alí percorrimos paisaxes impresionantes e lugares espectaculares nos que mesmo paramos a tirar algunhas fotografías antes de chegar ao cole.


En canto chegamos, fomos recibidas polo profesorado que nos ensinou moitas cousas bonitas que fan no cole. Axiña nos instalamos na Biblioteca e non tardaron en achegarse as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria xunto co alumnado de 1º e 2º de Secundaria.
Foi moi agradable contarlles cousiñas sobre "O agasallo de Anya" e atender ás súas preguntas e inquedanzas. A verdade é que nestas visitas sempre aprendo un montón de cousas.








Rematamos esta primeira parte do encontro e fixemos un descansiño que nos prestou un montón.




Tras el, uníusenos o alumnado de 3º e 4º Secundaria e falamos do proxecto "Lecturas de Cores" e o meu outro libro: "Relatos en potencia" que leron en clase nestas últimas semanas. 
Foi un encontro moi agradable e falamos de moitas cousas e ideas que nos foron xurdindo a partir dos relatos e do proxecto. Para min, tremendamente enriquecedor!!!





MOITAS GRAZAS!!!!

Ningún comentario: