domingo

Con Secundaria no CPI de Castroverde!!

O martes pasado viaxamos, Xiana e mais eu, novamente a Castroverde onde estivemos de xeito presencial co alumnado de 1º de ESO na súa aula e, conectandos por videoconferencia, cos grupos de 2º, 3º e 4ºESO. 


Non tivemos moito tempo para compartir, pero aproveitámolo o mellor que soubemos e puidemos. Os rapaces e rapazas de 1º de ESO viñan de ler "O agasallo de Anya" mentres que os outros tres cursos traballaron con "Relatos en potencia".

Comentamos as dúas publicacións e, sobre todo, as historias persoais e solidarias relacionadas tanto co proxecto desenvolvido en Ucraína como o de "Relatos en potencia" que consistiu en investir todos os beneficios da venta dese libriño en mercar e enviar, ao Campamento Saharauí de Dajla, preto de douscentos libros para dotar a súa biblioteca en colaboración coa Asociación Bubisher.




Ao remate agasalláronme cun "libriño" baseado nos meus "Relatos en potencia" no que recopilaron as súas historias formadas por 1, 2, 4, 8, 16, 32, 64... palabras.

Encántame lelas, relelas e sorprenderme con tanta creatividade. Grazas!!!


Antes de marchar asinei un par de libros, decenas de folios e mesmo un brazo e unha fronte!!! ;)

Moitas grazas por unha tarde tan divertida!!!



Ningún comentario: