martes

No CEIP A PEDRA de Bueu!!!

Había xa máis de tres meses que quedaramos, Xiana e mais eu, en visitar o colexio A Pedra de Bueu arredor do Día do Libro. Non nos daba chegado o día...

Foi o 22 de abril, venres, ás 12.30h. Chegamos coa suficiente antelación para preparar a aula de usos múltiples na que nos xuntariamos con corenta e oito nenos e nenas de 4º de Primaria e as súas mestras.



Foi ben bonito compartir a xornada con estes nenos e nenas de Bueu, na comarca do Morrazo. Coas súas mestras tiñan feito un minucioso traballo previo á miña visita polo que axiña se dispuxeron a preguntar e interesarse polas vidas de Xiana e Anya, especialmente desta última. Sentían moita curiosidade pola situación actual de Ucraína que xa leva dous meses en guerra :(

Conteilles a experiencia persoal que deu lugar a "O agasallo de Anya" e falamos durante unha hora e media dun montón de cousas interesantes arredor desta novela que tan bos momentos me fai vivir.



Foi tamén moi agradable asinarlles os seus libros. Espero que garden tan bo recordo desta xornada como o que levo gravado eu na memoria e no corazón despois do paso polo seu cole.




E, como non podía ser doutra forma, antes de regresar á Terra Chá demos unha voltiña polo Morrazo parándonos no Cabo Udra e en Cabo Home. Espectacular!!!



Moitas grazas ao alumnado do CEIP A Pedra e á profe Ami por convidarme a vivir unha xornada ben enriquecedora!!! 

Ningún comentario: