mércores

Unha primicia para vós!!!

Seguimos cos preparativos para o evento que desenvolveremos dentro de tan só unhas horas.

Con esa intención, hoxe á tardiña paseime pola Librería Biblos para charlar un momento cos nosos anfitrións e comprobar o bo entendemento que finalmente hai entre o proxector e mais o meu portátil.

Ao comezo da presentación, mentres imos chegando á librería e tamén ao final do acto mentres asino libros a quen queirades, temos previsto proxectar unha colección de imaxes que preparei estes días cun fondo musical que collín prestado de Berrogüetto (a obra Tránsito).

Para que vos vaiades facendo unha idea, comparto con vós a proxección por aquí. Xa me contaredes, a ver se vos gusta...





4 comentarios:

Marta PB dixo...

Hoxe rematei de ler o meu libro ( dentro du has horiñas xa mo asinas;))

Encantoume....xa sei que esta diruxido a nen@s e eu xa nn o son....pero son moi sensiblona...e si xa me emocionou na 5° páxina.....non che quero nin contar no final....
Noraboa Sabela! Todo un éxito!
Biquiños.

Sabela dixo...

Moitas grazas Marta!!
Canto me alegra que che gustase, agradezo moito tamén que mo fagas saber.
Vémonos entón nunhas horiñas!!!
Moitos bicos.

Aivou dixo...

Jo Sabela!, ti si que es un agasallo, por todo o que fas e todo o que es. Grazas por deixarnos colarnos desde sempre nesas mochiliñas :o*

Sabela dixo...

Ai Cris! Ben sabes que, sen compartilo contigo, nada sería o mesmo...
Moitas grazas por estar sempre aí, amiga!
Un biquiño.