luns

No cole de Trabada

O pasado venres, día 16 de marzo, Xiana e mais eu rematamos a xornada en Trabada. Non se nos podía ter ocorrido facelo de mellor maneira.


Desde A Pontenova, en vinte minutiños escasos nos puxemos no CEIP Celso Currás de Trabada e alí compartimos un tempo fantástico con Ainhoa, Ana, Carlos, Lucía, Marcos, Miguel e a súa profe Antía.

A acollida foi estupenda, estaban a facer un exame que axiña deron por rematado (ou aprazado) para pasar a falarmos de "O agasallo de Anya", de Ucraína, solidariedade, letras, números... 








Unha vez máis, sorprendinme con todo o que me aprenderon estas nenos e nenas sobre a miña propia novela. Reparan en tantos detalles...!!! 


Sempre volvo impresionada e feliz destes encontros e hoxe non foi menos. Grazas, moitas grazas!!!
Por certo, mirade que marabilla de Anya me fixo o alumnado de 5º e 6º de Trabada. Gárdoo cun cariño inmenso! ;)


Ningún comentario: