domingo

No CPI de Cervantes

Era o pasado mes de novembro, día 15, un sábado moi especial no que acudín á Festa do Lume en San Román de Cervantes.

Volvín impresionada, emocionada, contenta, feliz...!

Vin como un grupiño de rapaces e rapazas, Os Xardois, foron quen de organizar un tremendo Festival coa fin de concienciarnos ás e aos alí presentes dos danos causados días atrás polos lumes que, axudados por unha nefasta xestión da Administración, levaron por diante gran parte daquela impoñente e fermosa paisaxe dos Ancares. Ademais, durante a Festa recaudaron cartos que entregaron a un veciño da aldea de Pando ao que o lume lle arrasou a súa vivenda. Impresionantes!!!

Déixovos o vídeo que eles mesmos montaron para ofrecérnolo aquel máxico día.



Pois ben, daquela mesmo fun convidada a visitar o seu Colexio en datas próximas ao Día da Muller, detalle que me encheu de satisfacción.
E así, o pasado venres día 9 de marzo, acudimos Xiana e mais eu de novo aos Ancares.

         

Alí vivimos unha xornada marabillosa cos case corenta nenos, nenas, rapaces, rapazas, profes, profas... que nos acolleron no seu cole. Compartimos unha tarde inesquecible con todos e todas elas, desde os pequeniños de infantil ata as maiores de 4º de ESO. Foi estupendo!!!

Con todos eles sentinme moi, pero que moi pequeniña falándolles de solidariedade e outros valores que intenta transmitir "O agasallo de Anya". Encantoume, iso si, ter a oportunidade de agradecerlles persoalmente todo canto aprendín naquela Festa do Lume tres meses atrás...







Grazas de novo. Se sempre considerei Os Ancares como un lugar especial e máxico, a partir de hoxe aínda o é máis!!!

2 comentarios:

Orientación psicopedagóxica dixo...

Moi boa iniciativa educativa na que se aprenden actitudes, valores, competencias e coñecementos.
Coñezo o CPI de Cervantes como destino profesional así que paréceme emocionante esta experiencia.

Sabela dixo...

Moitas grazas polo teu comentario nesta entrada. A verdade é que foi marabilloso compartir tempo e experiencias co alumnado e profesorado do CPI de Cervantes. Gocei!