mércores

Na casa, no IES da Pontenova!!

O pasado venres, día 9 de xuño, xoguei na casa!

Con motivo dun intercambio lúdico-cultural entre o alumnado de 1ºESO do instituto da Pontenova con parte dos do IES Sanxillao de Lugo, compartimos un pedazo do noso tempo na Biblioteca.

O alumnado da Pontenova leu "O agasallo de Anya" no terceiro trimestre deste curso coa súa profe de galego, María. Era estupendo, desde a ventá da aula, velos ler no xardín do instituto neses primeiros días solleiros... As rapazas e rapaces de Lugo lérono tamén con Carme que foi compañeira na Pontenova, pero nestes últimos anos desenvolve o seu traballo alí. Grazas por reparar na historia de Anya e Xiana e conmovervos con ela. Cantas e que interesantes preguntas xurdiron nese tempo compartido!

Para min foi un encontro moi especial coas alumnas e alumnos cos que levo uns meses compartindo a diario os corredores e outras dependencias do instituto e cos que, probablemente, o curso que vén comparta contas ademais de contos...

Déixovos unha mostra gráfica do que foi esa mañá na Biblioteca, son fotos realizadas por María para dar conta da actividade que levamos a cabo ese venres.








                                        




Moitas grazas por este tempo compartido!!!!!

Ningún comentario: