Estarei encantada de recibir comentarios, suxestións, críticas e demais aportacións que me queirades achegar relacionados con "O agasallo de Anya".
Animádevos a participar e comentar as vosas impresións a través desta páxina ou ben escribindo ao enderezo de correo electrónico oagasallodeanya@gmail.com
Anya, Xiana e mais eu estarémosvos moi agradecidas ;)
Anya, Xiana e mais eu estarémosvos moi agradecidas ;)
56 comentarios:
Comezado a ler e indo pola paxina 30, recoñezome tanto na vida de Xiana como na de Anya... pola vida en porto do son e mais en muimenta... dunha ou doutra maneira marcaron o rumbo de como son e como e amiña vida ahora.... para ben e para mal... MOITAS GRAZAS por este libro e por este ser humano ke e autora.
Moitas grazas, Carlos. Encantada de evocar lembranzas da túa infancia e de compartir contigo gran parte dela ;)
Un biquiño cheo de agradecemento!
Parabens Sabela. Encantoume o libro. Penso que lles vai a gustar moito ós nen@s . No cole imos lelo xa porque chegou a nós no momento ideal, no inverno, despois de Reis e antes do día da Paz ( cando coñecemos como viven nen@s doutos paises estamos traballando pola Paz)
Xa che seguiremos contando
Canto me alegro Aurora!
Que boa idea traballar con el pola Paz. Agardo que ás nenas e nenos do cole tamén lles guste e un día poidamos xuntarnos para charlar sobre Anya, Xiana e as súas cousiñas.
Seguimos en contacto! Bicos.
Ola Sabela.
Son Joni e vivo en Castro de Rei.
No cole Santa María estamos lendo o teu libro e gústanos moito.
Eu vouno ler un pouco tódalas noites.
Bicos
Ola Joni!!!
Que ben! Estou moi contenta de que o leades en Santa María e paréceme estupenda a túa idea de ir lendo un pouquiño cada noite. Non te imaxinas a ilusión que me fai...!
A ver se un día, máis adiante, podo achegarme a Santa María e nos coñecemos. Gustaríame moito.
Grazas, Joni!!! Un bico para ti.
quero felicitarte Sabela,polo teu libro que me emocionou,e que regalarei a alguns nenos de amigos porque penso que poden aprender moito de el
Moitísimas grazas, Ana. Alégrame e satisfaime un montón saber que vos presta a lectura das miñas humildes palabras. Grazas!!! Un bico.
Encantame o teu libro, temos que lelo para a clase. Temos dous meses para lelo pero empecei a lelo e non dei parado. Gustoume moito, noraboa.
Moitas grazas, Paula. Non sabes que ilusión me fai iso que dis de que "non deches parado".
A que cole vas?
Un bico moi grande e grazas por escribirme por aquí para darme esa boa noticia ;)
Hola Sabela,chámome Susi Barcia e teño unha filla chamada Paula,de nove anos moi amante da lectura.Cando vin anunciado o seu libro no Progreso xa o encarguei na librería do meu pobo.Este venres púxenme a ler o libro e xa non puiden parar.Felicidades!Maná pasareillo a Paula pa que disfrute con él.SOlIDARIDADE qué bonita palabra......la transmitirlla a un fillo,a un neno.Un saludo desde Burela.Debe escribir maíz libros.
Moitas grazas, Susi. Que alegría me dás contándome que gozaches coa lectura de "O agasallo de Anya"! Para min, non hai satisfacción maior.
Espero que a Paula tamén lle guste.
Un biquiño para ti e outro para ela.
Encantoume o Agasallo de Anya, estiven lendo o libro con Marian no colexio e penso que é unha historia moi conmovedora, cando rematamos o libro caeume unha bagoa.
Escribe máis libros coma este!!
Paula Pérez ;)
Encantoume o te libro Sabela, estivemolo lendo coa nosa titora.O teu libro emocionoime,e unha historia que che abre os ollos para ser máis solidaria coa Xente que precisa moitas cousas cousas.FOI UN LIBRO FANTASTICO
Ola Paula!!!
Canto me alegra que che gustase "O agasallo de Anya", agradézoche moito que mo contases por aquí. Grazas!
Un biquiño.
Que ben Zaida!
Estou moi contenta de que te emocionase a historia de Anya e de Xiana.
Moitas grazas por contarmo.
Un bico para ti.
o teu libro esta moi ben, gustounos moito as dúas...
aínda así cremos que devirías facer unha segunda parte
biquiños
De verdade que vos gustou tanto como para estar dispostas a ler unha segunda parte?
Que ben! Acabades de alegrarme o día entre as dúas.
Un par de bicos para vós ;)
Eu son Nadir, son de Marrocos, encantoume todo excepto cando Xiana pasou por esa etapa tan egoísta.
MOITOS BICOS
Ola Sabela, encantoume o teu libro.
Fixome abrir os ollos para valorar moito máis o que temos
Bks
Ola Sabela o teu libro encantoume aunque me quedei ca intriga de si Anya conoce a nai ou no, o libro fixome ver que e mais importante o que temos que das cousa materiais,espero que escribas a outra parte.
Bks Sergio
Canta razón tes Nadir. A min tamén foi o que menos me gustou.
Menos mal que despois cambiou de actitude!!! A que si?
Grazas por escribir. Un bico.
Canta razón tes Nadir. A min tamén foi o que menos me gustou.
Menos mal que despois cambiou de actitude!!! A que si?
Grazas por escribir. Un bico.
Canto me alegra iso, Celia.
E canto che agradezo que mo contaras!!!
Un biquiño.
Moitas grazas Sergio. Que ben que te animaras a escribirme por aquí.
Estou moi contenta de que che gustase "O agasallo de Anya".
E si, eu penso que Anya merecía atoparse coa súa mamá ;)
Encantoume o teu libro Sabela,estivémolo lendo con Marián.
Agora cambiei a forma de pensar e espero que escribas outro conto,dáseche moi ben.
Bks :p
Ola de novo
Os últimos comentarios son de nenos de 5ºB do Veleiro Docampo ;)
.... e estamos ansiosos de que nos fagas unha visita, para cando?
biquiños
Encantoume o teu libro Sabela,estubemolo lendo ca profe Marian,no final quedei intrigada co que ira pasar espero que fagas a segunda parte¡que os fas fenomenal!:)
Ola Sabela son Nadir queroche preguntar se cando veñas ao noso cole bas traer a segunda parte do Agasallo de Anya
moitos bicos
Ola María!!
Que contenta estou de que o pasaras ben lendo "O agasallo de Anya".
Moitas grazas por contarmo! ;)
Pois si que sodes riquiños os nenos e nenas de 5ºB!!!
Hai que falalo con Marián e, se podemos, miramos de quedar un día para charlar un pedazo. Vale?
Un trío de bicos para vós, Nadir, Cecilia e Luisa! :)
Moitas grazas por ese piropo, Lorena.
Moito me gusta saber que o pasades ben lendo a historia que eu escribín.
Un biquiño para ti!
Nadir, aínda non hai segunda parte de "O agasallo de Anya", pero podedes ir pensando ideas de como podería ser e contádesmas cando vaia... Paréceche? ;)
Hola, chámome Cristian e tamén son un neno do colexio Veleiro Docampo e da clase 5º B. A todos nos gustou moito o libro e estamos esperando unha segunda parte, xa que quedamos moi intrigados. Bks
Ola Cristian. Moitas grazas por escribir por aquí.
Alégrame moito saber que vos gustou "O agasallo de Anya".
Un bico para ti e para todo 5ºB do Veleiro Docampo!!!
Ola son Sabela, túa tocaia. Son curmá de Ali e amiga de Irene. A min me engauchou moito o libro. Está moi ben para que os nenos e as nenas como eu valoremos o que teñen outros nenos e o que temos nós. Penso igual que Alicia, debes facer outro libro no que se coñecerán Anya e Xiana, que dixeran que Sasha era o irmán de Anya e cando veña a nai de Anya e Sasha. Bks.
Agora che vai contar algo a miña irmá:
Ola, son Xulia e teño 5 anos. Me leu o libro Sabela e me gustou moito. Sabela o escribiches moi ben. Por favor, fai un libro para a miña idade e para min. Bicos.
Ola Sabela!! Xa ves que o préstamo á miña curmá foi todo un éxito!! Ata a pequena reclama un!! Jiji! Noraboa de novo!!Un biquiño enorme! :)
Ola Sabela (que nome máis bonito elixiron para ti ;)) e ola Xulia (que linda falándome con eses cinco aniños que tes).
Fíxome moitísima ilusión atopar por aquí os vosos comentarios, ademais agradézovos moito que me alegrarades o día contándome que vos gustou "O agasallo de Anya". Que ben que me animedes a escribir, encántanme as vosas ideas para que Anya e Xiana continúen xuntas coas súas aventuras...
Un par de bicos moi grandes para vós e outro máis para que lle deades a Ali de parte miña.
Moitas grazas por escribirme!
Ola, Sabela!
Estes días estamos traballando o teu libro no CEIP "Castro de Ouro".
Eu, como docente, estou encantada de poder ofrecerlles; por fin, aos rapaces unha lectura que os enganche, que piden continuamente, que leron antes de que ninguén lles mandase...
É incrible a túa maneira de chegar a nenos e maiores!!!
Incluso o Rato Patricio (a mascota do cole) animouse a ler o libro "O agasallo de Anya".
Encántame ver que todo o mundo disfruta léndoo, tanto como o disfrutei eu cando,por casualidade, o collín nas miñas mans na libraría e xa non o soltei; por se alguén o mercaba antes ca min.(Aquel día so lles quedaba un exemplar)
Un bico e... Vémonos moi prontiño!
Ohhhhh!!! Moitas grazas polas túas palabras tan bonitas, Sonia. Non sabes canto me alegra saber que "O agasallo de Anya" se le e gusta.
Eu tamén conto os días ata que chegue ese no que imos compartir un pedazo do noso tempo e ilusión, canto me tarda!
Un biquiño para o Rato Patricio e outro para ti.
Ola Sabela, somos os nenos e nenas de 6º de primaria da Mariña Lucense. Nós lemos o libro "O AGASALLO DE ANYA " o cal nos encantou.O principio era un pouco aburrido.Segundo avanzábamos íanos impresionando o cambio radical que deu Xiana dende que chegou Icía ao seu colexio.O final foi merecedor dun 10!
O que máis nos gustou foi a relación de Anya coa súa nai, mediante cartas. Gustaríanos que viñeras visitarnos ao noso colexio,temosche moitas preguntas que facer!Deberías facer unha segunda parte BKS !!! *********
Un saúdo de María, a titora de 6º curso!!!!
Ohhhhhhh!!! Que sorpresa tan agradable! Moitas grazas por ler "O agasallo de Anya" e tamén por escribirme por aquí, faime moita ilusión.
Eu tamén teño moitas ganas de coñecervos, de pasar unha tarde con vós e que me contedes aínda máis cousiñas sobre o que vos pareceu o libro. Habémonos ver esta primavera!!!
Un biquiño para cada un de vós é tamén para a vosa titora María. GRAZAS!
Ola Sabela,somos Yago e Marcos do colexio C.E.I.P Castro de Ouro.
Somos de 6ª de primaria.Queremos decirche que o libro que fixeche está moi ben.Espero que continues escribindo o segundo libro do Agasallo de Anya.Xa nos está tardando a túa chegada ao noso colexio.Un saludo.
Lemos o teu libro e encantounos.Estamos desexando que fagas unha segunda parte.Somos do colexio C.E.I.P. Castro de Ouro,ao que vas vir o venres.Esperámosche con agarimo.
Óscar e Sergio,de 6º.
Ola Sabela. Somos do colexio C.E.I.P Castro de Ouro:Diego e Brais.
Lemos o teu libro. Encantounos!Estamos contando as horas para que chegue o venres. Esperamos que nos firmes o libro.
Apoiamoste a que sigas facendo mais libros. Tes un gran futuro como escritora.
Somos moi fans teus.
Somos de sexto ainda temos moito tempo para ler as tuas fermosas obras. BKS.
Ola! Son Claudia,teño 11 anos e estou da clase de 6º do colexio CEIP Castro De Ouro, ao que vas vir este venres. Teño (e temos en xeneral) moitas preguntas que facerche e moitas ganas de coñecerte. Todos desexamos que fagas unha 2ª parte do libro... Pro diso xa falaremos cando veñas!
Encantounos o teu libro, e encantaríanos que estiveras xa aquí para poder que nos firmes os libros.
Encantaríame non dicir nada... pero temosche un agasallo feito para ti, por facernos sentir tan ben co teu libro!!!
ESPERAMOSTE SABELA!!!! Bicos!!!
Ola Marcos e Yago.
Que alegría me dá saber que me esperades con ilusión!
Xa non queda nada para vernos... Que guai!
Un par de bicos para os dous.
Ola Óscar, ola Sergio.
Estou moi contenta de saber que vos gusta "O agasallo de Anya", estou desexando oir todas as cousiñas que tedes para contarme.
Vémonos o venres e... grazas por escribirme por aquí!
Bicosssssss
Ola Brais e Diego!
Setenta e unha horas, só faltan setenta e unha horiñas de nada para vernos en Alfoz!
Xa vedes que eu tamén as conto, tárdame tanto...!
Moitas grazas polas vosas palabras. Vémonos axiña. Bicos!
Ola Claudia!
Moitas grazas por escribirme unhas palabras tan bonitiñas. Eu tamén teño moitas ganas de que chegue o venres e coñecervos. Levarei o lapis ben afiado para asinar todos os vosos libros!!
Un agasallo para min? Non fai falta, chégame con que me convidedes ao voso cole para pasar un pedaciño con vós. Seguro que tedes un montón de cousas interesantes que contarme...
Un biquiño e moitas grazas.
Ola! Son Deyanira do colexio Ceip Castro de Ouro. Por aquí estamos todos desexando que chegue a tua visita!Canto nos tarda... Tamén queria decirche que o teu libro nos enganchou e incluso preferimos quedarnos léndoo en vez de ir ao recreo... Espero que fagas unha segunda parte tan bonita coma primeira.
Bks e agardamos a tua visita!
Ola Deyanira!!!
Non te imaxinas que alegría me dá ler as túas palabras (e as de toda a clase), faime moita ilusión que chegue o venres para vervos e pasar un pedaciño xuntos.
Moitas grazas. Biquiñosssss!
Ola Sabela! Somos as nenas e nenos de 5º e 6º do colexio CEIP CELSO CURRÁS DE TRABADA.Estamos lendo o libro e encántannos! É moi interesante, e estivemos argallando no blog para buscar cousas sobre Ucraína, as mochilinhas de cores, e a vida de Anya.
Sigues co teu proxecto de viaxes a Ucraína?
Temos moitas ganas de que veñas para contarnos cousas, respondernos preguntas...
Oxalá sigas escribindo historias tan chulas.
Grazas, biquiños! Vémonos pronto.
Ainhoa, Carlos, Lucía, Ana, Marcos e Miguel e a profe Antía.
Olaaaaaa!!
Que alegría que me escribirades por aquí desde o cole de Trabada. Estou contentísima de que vos guste "O agasallo de Anya" e estarei encantada de visitarvos e coñecervos. Agora mesmo non estou desenvolvendo ningún proxecto con Ucraína, pero o que fixen ata agora si que volo podo contar o día que nos vexamos.
Xa me tarda coñecervos! Moitas grazas por elixir esta noveliña como lectura, faime moita ilusión.
Un bico para cada un de vós os sete!!
Boa tarde Sabela,
Somos as crianças da Semente Compostela, ¨foi um puntaço¨ e recomendaríamos o livro,queremos agradecerche a visita que nos fixeches na escola, gostamos muito.
Fizemos um resumo do livro e também uma opinióm ao rematar o livro e estas foram algumas das cousas que pensamos...
Encantounos porque tem um pouco de tensión e intriga e foi moi interesante. Fixonos saber cousas sobre como vivem outras crianças e é moi original e como as enfoca, mostrando as diferenças e semelhanças das duas crianças. Umha história conmovedora.Um livro de 10!
Gostamos das ilustracións também.
Ficamos com a intriga de saber se Xiana e Anya se conhecerám algúm dia, aguardamos que si...
Um abraço das crianças da Semente Compostela
Moitas grazas!!!
Que ilusión máis grande me fixo atopar o voso comentario por aquí! A verdade é que gardo unhas lembranzas marabillosas da xornada que compartimos na vosa escola da Semente Compostela. Paseino moi ben con vós e estou moi agradecida de que lerades "O agasallo de Anya". Se ademais vos gustou, síntome súper feliz.
Unha aperta grande, grande tamén para vós. Gustaríame ter uns brazos ben longos para poder rodearvos a todas xuntas!
Publicar un comentario