O soño de Xiana

De Xiana, no canto de tesouros, comparto con vós o último soño que tivo. Ela é unha nena galega de once anos como tamén sodes, ou fostes, moitas das persoas que estades a ler isto, así que as cousiñas que pode gardar con ilusión seguro que tamén as tedes vós nalgún curruncho do voso cuarto. A que si?

Porén, Xiana a noite pasada tivo un soño que é un verdadeiro tesouro. Ogallá vos guste e algún día poida facerse realidade!!!