domingo

A Mantiña de Cores...

Teño unha idea!

Moitas e moitos de vós xa coñecedes aquela mantiña de cores que comecei a tecer hai un par de meses, lembrades? Pois xa está rematada! 
Ao final mide 120cm x 85cm e ten o aspecto que podedes ver na foto. Gústavos?


Ultimamente ando pensando en artellar un sorteo desde a páxina de "O agasallo de Anya" en Facebook:
Ocorreuseme a raíz de que xa sodes varias as persoas que compartistes fotos ben bonitas co libro ou do libro. 
A ver que vos parece.
Nesa páxina vou crear un álbum coas fotos que xa me achegastes e ir engadindo outras que vós me enviedes (meterei as que teño só do libro pero, se as mesmas persoas me mandades algunha na que saia alguén léndoo, substitúo as anteriores por esas que serán máis chulas).

Para facerme chegar as fotos, podedes enviarmas nunha mensaxe a través de Facebook ou ben por correo electrónico a ogasallodeanya@gmail.com. Cada foto que reciba ireina engadindo a ese álbum e asignareille alí mesmo un número de dous díxitos. Finalmente, o número que coincida co sorteo da ONCE do día 20 de febreiro levará a mantiña. Parécevos?

Por outro lado, gustaríame que esta nova idea tivese un carácter solidario como o tería se fose unha das ocurrencias de Xiana na novela ;) 
Con esa finalidade, pídovos que non enviedes máis ca unha foto por cada exemplar de "O agasallo de Anya" que teñades e eu encargareime de investir a parte económica que me corresponda como autora por cada un deses libros na compra de mantas e prendas de abrigo para arroupar ás neniñas e neniños do orfanato de Vorzel' aos que o ano pasado mercamos alimentos, pañais e deterxente.

Que vos parece? Animádesvos a participar enviándome a vosa fotografía lendo "O agasallo de Anya"?
Grazas!!!

7 comentarios:

Aivou dixo...

Moito tardabas en argallar algo novo :)
O xoves fágome a miña foto, a ver se me toca a mantiña que debe ser ben quentiña para estes tempos tan fríos.

Sabela dixo...

Sen despistarse Aivou, que dous díxitos só dan para cen fotos!!! ;)
Un bico ben grande e ogallá poidas arrouparte coa mantiña de cores...

Aivou dixo...

Jeje, se para o xoves non chegan os números darei por ben empleado quedarme sen mantiña :)

Sabela dixo...

Pois se para o xoves non chegan... propoñereime comezar a tecer outra! :*

Mari dixo...

Dende que empezaches a mantiña de cores sabía que era para algo bo pero non imaxinaba como sairiase... outra idea orixinal, eu tamén a quero, vas ter que facer máis... Conta con nos e adiante coas boas ideas

Sabela dixo...

Grazas Mari, espero esas fotiños con ilusión!
Bicos.

Anónimo dixo...

Frios como o demo