mércores

"O agasallo de Anya" tamén se le na ESO!!!

Cada vez que sei dalgún colexio ou instituto no que len "O agasallo de Anya", levo unha alegría enorme. Canto o agradezo!!!

Ultimamente souben de varios centros de ensino que o recomendan e mesmo traballan arredor del na aula.


Gústame que tamén nos primeiros cursos de Secundaria se lle dedique un tempo e sentinme moi feliz ao saber que o estaban facendo no CPI de Friol, no de Guntín, no CEE Santa María, no IES Leiras Pulpeiro e nas Pepas en Lugo, no IES de A Pontenova e tamén no IES de Meira que lle/me dedican esta entrada tan chula no seu blog.


http://bibliomeira.blogspot.com.es/2014/02/o-agasallo-de-anya-na-nosa-biblio.html


Moitas grazas!!!

Ningún comentario: