luns

A presentación de "O agasallo de Anya"

Empezo a escribir ao tempo que temo non ter palabras suficientes para expresar a gratitude e felicidade que sinto. Menos mal que teño imaxes que poderán suplir, en parte, esa ausencia de palabras pois, tanto Lombardero como Irene e Rosalía non escatimaron en disparos para que eu, hoxe, vos poida ofrecer este documento gráfico.
Grazas aos tres!!!









Tras vivilo, podo dicir que non hai sensación máis gratificante que a de sentirse tan querida e arroupada como me sentín eu grazas a todas e todos vós o pasado mércores na Librería Biblos de Lugo durante a presentación de "O agasallo de Anya".
Ademais do cento de persoas presentes, ás que reitero o meu agradecemento, quero mostrar a miña gratitude a quen quedou fóra porque, literalmente, "non se collía" e a quen quixo estar pero, por distintos motivos que van desde o parto dunha porca celta ata a imposibilidade de cambiar turnos laborais ou mesmo debido á distancia física que nos separaba, non puido ser. 

A todas elas, a todos vós, GRAZAS!!!

Coa idea de que "unha imaxe vale máis ca mil palabras" deixovos aquí unha selección delas. Encantaríame que vos gustasen ;)



7 comentarios:

Laura Mosquera dixo...

Alégrome moitísimo, foi unha presentación marabillosa e á altura da autora. Vémonos prontiño! :)
Biquiños.

Sabela dixo...

Moitas grazas, Laura. Como me prestou verte alí, a ti e mais a Carme!
Mandeille a Iago a foto na que vos asino os libros, riu ;)
Moitos bicos.

Aivou dixo...

Que chulo Sabela!, e que guapa estás :)
Noraboa unha vez máis.

Aivou dixo...

Por certo, ese señor calvo que está contigo nas fotos parece o meu marido :D, intentei enganar á miña filla pero deuse conta porque... leva un anel :DDD

Sabela dixo...

Grazas Aivou! A verdade é que me senta ben o carcinoma ductal invasivo este...
Pois por aquí cando andaba eu coas fotos tamén dixo Ánxela: "aquela foto na que estás con Carlos Cortés". E si, danse un aire. Se non fose polo anel...
Que listiña a túa filla!!!
Moitos bicos! ;)

Ana Rodríguez G. dixo...

Que bonito quedou!!! Preciosas fotos!
Grazas polo tempo e polas palabras que nos regálache aquela tarde, un bico grande!

Sabela dixo...

Grazas a vós Ana por esa acollida tan fantástica.
A verdade é que a librería é preciosa, iso tamén inflúe en que as fotos sexan bonitas.
Vémonos pronto.
Un bico súper agradecido!!!