En Bologna (Italia) celebrouse entre os pasados días 24 e 27 de marzo a "Fiera del libro per ragazzi", un evento de gran importancia tamén para o libro infantil e xuvenil galego que foi levado ata alí da man da Asociación Galega de Editores.
Os libros infantís e xuvenís publicados no 2013 en Galicia compartiron stand nese marco incomparable e eu síntome máis que orgullosa de que "O agasallo de Anya" estivese nos andeis da feira de Bologna o pasado mes.
Nese foro tan privilexiado -é o maior referente internacional do libro infantil e xuvenil- foi presentado o catálogo trilingüe (galego-español-inglés) de literatura infantil e xuvenil galega baixo o nome de "Galician books for children & young adults". Uns días despois tamén foi dado a coñecer en Galicia da man de Francisco Castro (Presidente da Asociación Galix) e Anxo Lorenzo (Secretario Xeral de Cultura).
Contentísima estou de que "O agasallo de Anya" forme parte do Catálogo e nel figure unha bonita reseña en tres idiomas sobre a historia das miñas nenas...
Escribir en GALEGO para o MUNDO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario