luns

SEGUNDA IMPRESIÓN!!!

Lembrades cando Anya esperaba ilusionada a chegada do carteiro que lle ía achegar novas da súa mestra Icía? Acordádesvos da emoción de Xiana cando recibiu na súa casa un paquetiño que viña de Ucraína e traía un bonequiño de cunchas cargado de significado?


Pois así me sentín e sinto eu ultimamente. Primeiro, desde que souben que a primeira edición de "O agasallo de Anya" estaba esgotada esperaba ao carteiro con ilusión. Agora mesmo, coma Xiana, síntome emocionada, contenta, impresionada e súper agradecida a todas e todos vós ao recibir na casa o paquete no que viña a segunda impresión da novela.


Isto quere dicir que, en algo menos de seis meses, Editorial Galaxia distribuíu nada menos que MIL exemplares de "O agasallo de Anya" polo país e continúa facendo chegar unha nova tirada a librerías, bibliotecas, colexios, institutos...


E eu, como comprenderedes, non podo sentirme máis feliz. GRAZAS!

Ningún comentario: