mércores

Grazas por todo o bo deste 2014!!!


"O agasallo de Anya" vén de vivir un 2014 inmellorable. Saíu do prelo poucos días antes de comezar o ano e atopouse cunha fantástica acollida que nunca cansarei de agradecervos.

En febreiro fixemos a súa presentación oficial e en maio saíu da imprenta a segunda edición trala venta dos primeiros mil exemplares. Ao longo do ano fostes moitas as persoas que lestes esta humilde noveliña, chegou a centos de nenos e nenas que traballastes sobre ela nos vosos colexios, institutos e bibliotecas. Eu, non podería recibir mellor agasallo ca ese.

A todas esas persoas, maiores e miúdas, quero agradecer de corazón o voso interese así como o tempo que dedicastes a este libro. A todas e a cada unha deséxovos intensos momentos de felicidade e emoción como o que viviu Xiana tal día coma hoxe e que tan ben soubo plasmar X. Tomás nesta ilustración que quero compartir con vós.

GRAZAS, e que teñamos un ano 2015 cheo de felicidade e lecturas que nos presten!!!  

Ningún comentario: