Ou primeira pre-estrea por parte da compañía Teatro Marionetas Trécola do seu novo espectáculo "O agasallo de Anya"
Ménuda sorpresa, que de "menuda" non tivo nada.
O pasado sábado, cando me acheguei á Igrexa Vella de Muimenta (habilitada pola veciñanza para ser utilizada como local de eventos culturais) non me imaxinaba o que alí ía atopar...
Eran Isa e mais Ero coa súa nova obra baseada na miña novela infantil! Desde aquela tarde pasou case unha semana e aínda non fun quen de pechar a boca, sigo abraiada co seu traballo e a capacidade que demostran mellorando a historia de Anya e Xiana.
Déixovos unhas fotos que fixo Lombardero para que vexades que marabilla de espectáculo e vos animedes a ilos ver nalgunha das representacións que farán por Galicia adiante en vindeiras datas.
Grazas unha vez máis, moitas grazas!
O local encheuse agardando a Anya e a Xiana
Xiana explicounos como era a súa vida
Anya tamén nos contou algo da súa
Descubrimos os sentimentos de Xiana
Tamén coñecemos un chisco máis a Anya
Gran expresividade a súa!
Ainssss... nervios e emoción para min ;)
E gran emoción tamén para Xiana e Anya que reciben o mellor agasallo que podían conseguir!!!
Máis emoción, felicidade e agradecemento!!!
Agradecemento tamén, como non, ás Asociacións Culturais "Aquilino Iglesia Alvariño" e "Xotramu" de Muimenta, organizadoras deste acto e grandes promotoras do desenvolvemento cultural neste curruncho da Terra Chá.
GRAZAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario