venres

No CPI de Castroverde

O pasado mércores, día 3 de abril, desprazámonos Xiana e mais eu ata a histórica vila de Castroverde (Lugo).


Alí, no seu colexio, acolléronnos con moito interese e ilusión as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de Secundaria.
Foi moi agradable e enriquecedor falarlles, pero foino aínda máis escoitar as súas impresións, curiosidades e inquedanzas relacionadas con "O agasallo de Anya".

O timbre de remate da xornada puxo fin ao noso encontro ás 16.15h. Daquela voltamos para a casa satisfeitas e moi agradecidas polo convite e a fantástica acollida que nos brindaron. 
Só podo ofrecervos unha fotografía do comezo do encontro -aproveitando para agradecer a Brenda a presentación que fixo de nós- e outra xa próxima ao remate da actividade.



Do que ocorreu entre unha e outra imaxe non teño constancia na cámara do móbil, pero si que teño o recordo ben gardadiño no pensamento e tamén no corazón.

GRAZAS a Marina e ao alumnado do CPI de Castroverde!!!

Ningún comentario: