luns

Con Primaria no CPI de Castroverde!!

Hai uns días vivín unha conmemoración moi especial do Día do Libro Infantil e Xuvenil. Foi de novo no CPI de Castroverde, pero desta vez compartín a tarde con alumnado de 3º e 4º de Primaria que son realmente uns artistas. Xulgade vós!



Axudados polas súas mestras foron quen de ler e comprender moi ben "O agasallo de Anya"; non me quedou ningunha dúbida ao escoitar as súas preguntas e comentarios tan acaídos e enriquecedores para todas as persoas que tivemos a sorte de compartir unha tarde tan marabillosa.

Deixo por aquí algunhas fotografías que fixo Alicia, a mestra de 4ºEP e que recollen momentos que desexo non esquecer nunca.







Moitas grazas!!!

Ningún comentario: