Como non podía ser doutra forma, un exemplar de "O agasallo de Anya" vaise para Ucraína!!!
Alí vive a miña amiga Natasha, unha rapaza á que coñecín hai algo máis dun ano, cando buscaba algún contacto nese país para levar a cabo os proxectos "Mochilinhas de cores" e "Cestinha de cores" e poder chegar así a orfanatos que realmente necesitasen todo o material escolar, xoguetes e alimentos que, de parte de moitos de vós, levamos alá. Que sorte máis grande foi dar con ela!!!
Natasha foi dunha grande axuda para nós naqueles momentos e seguimos mantendo o contacto, agora tamén amizade, desde entón. Visitar a súa casa, coñecer á súa nai e irmáns pequenos, ir con ela mercar alimentos e pañais para levarlles a aquelas nenas e nenos do orfanato de Vorzel', pasear na súa compaña por lugares emblemáticos de Kiev, intercambiar centos de correos electrónicos, mensaxes en facebook ou whatsapps fai que sinta cara a ela un aprecio máis que especial.
Por iso, e a pesar das dificultades que ela poida ter para comprender o noso idioma, faime moita ilusión que garde no seu humilde e acolledor fogar, un exemplar de "O agasallo de Anya".
Grazas, Natasha!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario