Teño unhas veciñas e veciños que non os merezo! Ademais de acollerme, acollernos, en Muimenta hai xa máis de vinte anos axudándonos a enraizar e mesmo a dar froito... agora van e organizan un Encontro comigo arredor de "O agasallo de Anya".
Síntome moi agradecida e desexo de corazón que pasemos unha tarde inesquecible -para min seguro que o será- contando historias, escoitando música, botando unhas risas e mesmo brindando con viño quente con azucre... Seguro que si!
Se podedes e vos apetece, non dubidedes en achegarvos ata o acolledor entorno da Escola e Igrexa Vellas de Muimenta, alí estaremos agardándovos. De todos modos, habemos facer fotos para compartir o evento tamén por aquí.
Grazas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario