domingo

XA ESTÁ AQUÍ!!!

Tras unha longa e agarimosa cocción a lume morno na procura dun resultado apetecible, gorentoso, alimenticio e pracenteiro... sacamos hoxe do forno "O AGASALLO DE ANYA" 


E así me sinto eu agora mesmo, coma esa benquerida e admirada muller galega de fazulas encarnadas que saca o pan tras roxar o forno pacientemente e amasar con agarimo e ilusión esa mestura de fariña, auga, sal, lévedo, palabras, imaxes, sentimentos, emocións...

Síntome feliz e devecendo por compartir a fornada con vós.

Mentres fóra vai frío, dentro temos lume na lareira, a mesa posta e o escano agardando por vós. Moitas grazas por achegarvos a probar esta bola tan especial...

Espero que vos preste!!!

2 comentarios:

Aivou dixo...

Seguro que presta, coma todas "as bolas" que sempre andas a argallar.
Moita sorte nesta andaina.

Sabela dixo...

Moitísimas grazas Aivou. É unha gozada compartilas contigo.
Un bico enorme!