Hai xa uns días que, da man da profe Irene, chegou "O agasallo de Anya" á Biblioteca do CEIP de Monseivane na parroquia de Lanzós.
Que ilusión máis grande me fixo velo naquela estantería!!!
Que ilusión máis grande me fixo velo naquela estantería!!!
Días máis tarde mandoume Irene estas imaxes, que valen máis ca mil palabras, e nas que podemos ver o traballo que está a desenvolver alí co seu alumnado de Infantil e Primaria arredor da novela.
Cóntame a ilusión con que os nenos tomaron a lectura e mais a cantidade de conversas a que deu lugar.
Non se imaxinan eles o feliz que me fan a min esas noticias e canto as agradezo!!!
GRAZAS Irene!!! GRAZAS nenas e nenos de Lanzós!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario