xoves

Veu a carteira!!!

Non me digades que non é fantástico!!!

Onte veume ver Cova, a profe dos nenos e nenas de terceiro e cuarto de Primaria do CEIP Terra Chá de Román (Vilalba) e trouxome nada menos que unha pila de cartas escritas polo alumnado deses cursos. Nelas cóntanme cousas marabillosas sobre a lectura que fixeron do "O agasallo de Anya" e deséxanme unha boa recuperación...

Eu teño unhas ganas inmensas de darlles as grazas persoalmente no seu cole, tanto a eles como á súa profe.


Vémonos rapazas/rapaces! En canto poida, ireivos ver. 

2 comentarios:

Cova dixo...

Boas, Sabela! Estamos vendo a publicación (por fin) todos xuntos na clase, e desexando que veñas facernos esa visita pendente porque será sinal de que estás recuperadísima como todos queremos.E ademais aínda che queda polo menos unha carta despistada que recoller. Moitísimos bicos e apertas de todos e todas!

Sabela dixo...

Moitas grazas!!!
Seguimos en contacto, eu tamén desexo vervos axiña.
Biquiños para ese gran gupo!