Xa sabemos quen se vai arroupar coa Mantiña de Cores. Trátase de Laura Mosquera Trashorras, ela tiña asignado o número 52 e o número premiado no sorteo diario da Once correspondente ao día de hoxe foi o 13452.
Parabéns Laura!!! A verdade é que a foto é ben bonita e o neno, con esa cariña pícara, está precioso tamén.
E como merece moito a pena coñecer xente coma Laura, deixovos tamén aquí o enlace ao seu blog "Non temos medo". Así podedes gozar, igual que eu o fago, co que ela escribe, ilustra, reflexiona...
A ver se vos gusta tanto como a min!!!
![]() |
| http://nontemosmedo.blogspot.com.es/ |


Ningún comentario:
Publicar un comentario