A tan só unha semana de que teña lugar a Presentación de "O agasallo de Anya" quero convidarvos, a todas as persoas que vos apeteza e poidades, a compartir un pedaciño con nós falando arredor desta novela infantil.
Será o vindeiro mércores, día 26 de febreiro, ás 20:00h. na Librería Biblos en Lugo (mesmo en fronte do Instituto "Nosa Señora dos Ollos Grandes", na avenida de Ramón Ferreiro).
Alí estaremos, para acollervos e charlar un pedazo agradecidos, o persoal da librería, Francisco Castro como escritor-editor e mais eu que serei a persoa máis feliz do mundo contando con vós nun acto que para min é tan especial.
Grazas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario