Pois xa temos información e
fotos de “O agasallo de Anya” no Sahara. Veredes que marabilla!
Xunto con Noemí, Iago e
Antón, viaxou Xiana a Khamlia onde –según nos conta- pasou uns días inesquecibles descubrindo un
lugar descoñecido e habitado por xente estupenda.
Alí tamén descubriu, sorprendida, que os nenos e nenas
divírtense e intentan ser felices ao igual que o fan en Galicia ou, lembrando
as conversas que ten mantido tantas veces coa súa amiga Anya, igual que en
Ucraína.
Así como estaba previsto,
Noe tivo un encontro cun grupiño de nenos e nenas da pequena localidade de
Khamlia compartindo un tempo moi especial con eles e mais co seu profesor Mohamed.
Ela levoulles a versión de
“O agasallo de Anya” que preparamos con tanta ilusión e que os nenos e nenas
foron seguindo atentamente polas fotocopias en árabe ao tempo que ela lía en
español. Disque lles gustou!
Entregoulles tamén os "diarios" como agasallo e non lles deu tempo a rematar a actividade cosendo as fardeliñas
de tea como programaramos, pero alí lles quedou o material para que poidan
facelas noutra ocasión.
Tamén quedaron en Khamlia
un par de exemplares de “O agasallo de Anya”. Así de ben loce o libro naquela estupenda Biblioteca.
Pero que quede ben claro que o verdadeiro AGASALLO recibino eu. Ademais da súa gratitude e da satisfacción
que me produce que Noemí elixira o meu libro para facer esa actividade de
animación á lectura no Deserto, mirade que pedazo de parede tan chula me "envían" desde alá.
Todo un luxo para min. Non
podo sentirme máis feliz e agradecida!!!
NOTA.- Hoxe, catro meses despois de escribir esta entrada no blog, recibín unhas novas fotografías da "miña" parede tras un coidadoso retoque. Así loce no deserto desde hai uns días...
3 comentarios:
Unha historia preciosa....a verdade é que tes que sentirte superfeliz con este pedazo agasallo que che envian desde tan lexos...
Ver a tua portada plasmada nesa parede deixa a un sin palabras...
Que bonito!!!
Unha historia preciosa....a verdade é que tes que sentirte superfeliz con este pedazo agasallo que che envian desde tan lexos...
Ver a tua portada plasmada nesa parede deixa a un sin palabras...
Que bonito!!!
A verdade é que si, Marta.
Non me podía facer máis ilusión!!!
Alégrame que che guste a ti tamén.
Un bico.
Publicar un comentario