xoves

No CEIP de Román (Vilalba)

Non vos imaxinades que xornada máis marabillosa pasei onte no Colexio de Román, en Vilalba. Hai que ver canto aprendín con todas aquelas nenas e nenos, desde as pequeniñas de Infantil ata os maiores de 6º de Primaria!!!

A profe Irene cóntao moi ben no seu blog de aula "O tren de segundo" e, como é tan eficiente, xa o escribiu onte mesmo. Eu vou abusar un chisco da súa eficacia e simplemente compartirei a crónica que ela fixo da xornada ;)

Podédela ver e ler sen máis que premer nesta imaxe:


Só engadir a miña tremenda satisfacción e agradecemento ao profesorado e alumnado que me convidaron a vivir momentos fantásticos e inesquecibles no seu cole. GRAZAS!!!

E xa que non tiven que redactar case nada, ofrézovos este vídeo que compuxen con fotografías feitas todas elas por Irene e co tema musical de Mamá Cabra "Tan só con leres un libro" (non podía ser outro).

Agardo que vos guste!



2 comentarios:

Irene dixo...

Nós tamén aprendemos un montón contigo, grazas de novo por vir!
O vídeo quedouche precioso, mellor ca miña crónica da xornada, porque unha imaxe vale máis ca mil palabras.... Dá gusto ver esas cariñas de felicidade :)
Un bico grande!

Sabela dixo...

Eu tamén me quedo con esas cariñas lindas e coa felicidade que me contaxiastes todas e todos vós.
GRAZAS!!!