venres

Espérannos en Gondomar!

As nenas e nenos de Gondomar (Pontevedra) que participan no Club de lectura compartida "Lendo Contigo" xunto coas súas familias, espérannos mañá na Biblioteca Municipal para pasar na nosa compaña esta mañá de inverno.

Incluíron "O agasallo de Anya" na súa programación para este cuarto trimestre do ano e eu levei unha gran alegría cando me convidaron a participar nun encontro con eles o último sábado do mes.


Na páxina web de Espazo Lectura anuncian así a actividade de mañá. Se premedes sobre a imaxe podedes acceder á información completa.


Tanto Xiana coma min xa estamos preparadas e un chisco inquedas ante a actividade que imos desenvolver en Gondomar. Xiana agardaba este día para estrear unha chapiña moi acaída para a ocasión, a ver se vos gusta...


Á volta habémosvos contar o ben que o pasamos e a pila de cousiñas que nos aprenderon estes lectores entusiastas ;)

2 comentarios:

Meniña do contomar dixo...

Que ben, estamos desexando todos coñecervos

Sabela dixo...

Siiiii, que guai. A nós tamén nos tarda un montón. Vémonos mañá ;)