No IES Enrique Muruais de A Pontenova, no "meu" instituto, tamén se leu "O agasallo de Anya". Foi nun dos Clubs de Lectura da Biblioteca, integrado por rapazas e rapaces de 1º e 2º de ESO.
Durante o primeiro trimestre do curso leron a novela e a profesora Mercedes deseñou e construíu un Trivial con preguntas e respostas que lles axudou a comprender a historia das dúas protagonistas do libro ao tempo que a lectura se facía máis amena e divertida.
Encantoume a idea!! Grazas Merce!!
Uns días despois de remataren a lectura, compartimos un tempo estupendo comentando aquelas cousiñas que máis curiosidade provocaron neles durante as xornadas de reunión do Club de Lectura. Debo dicir que me sorprenderon moi gratamente cos seus coñecementos e interese pola historia desenvolta no libro.
Hai que ver que satisfactorios me resultan sempre os encontros cos lectores e lectoras de "O agasallo de Anya" e... canto aprendo con eles!!!
Ademais de agasallarme cos seus parabéns pola novela, fixérono cunha saborosísima merenda e un libriño moi especial no que recolleron as súas impresións sobre a lectura deste libro.
Moitas grazas, compañeiras/os!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario