O pasado luns, 19 de xaneiro, convidáronme desde o Club de Lectura do IES Ánxel Fole de Lugo a pasar a tarde cun grupiño moi xeitoso de alumnado de 1º de ESO e algunhas das súas profesoras.
Preparáronme un recibimento acorde co artistas que son e deixáronme sorprendidísima coa calidade dos seus debuxos. Hai que ver que ben ilustraron diferentes esceas da novela!!! Grazas, rapaces!
Axudada por unhas diapositivas e coa inestimable colaboración da boneca Xiana, conteilles un conto relacionado coa historia de Anya e Xiana que tan ben asimilada tiñan xa todos eles e elas.
A verdade é que prestaron moita atención e fixeron infinidade de preguntas. Para min foi unha tarde preciosa, encántame descubrir que lles gusta "O agasallo de Anya" e coñecer as súas inquedanzas arredor da historia que se narra na novela.
Ao final asinei algúns libros permitíndome así expresarlles, tamén por escrito, o gratificante que me resulta compartir o meu tempo con tan grandes lectoras e lectores.
Grazas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario