Hai vinte e un anos que botou a andar a revista CÓMARO da Asociación Cultural e Veciñal de Muimenta. Houbo anos nos que sacamos varios exemplares e outros nos que non conseguimos que ningún número saíse á luz...
Agora, tras un parón de dezasete anos, un grupo de xente ilusionada e ilusionante retoma a edición desta humilde revista que xa leva unhas semanas na rúa e eu síntome dobremente orgullosa. Por un lado, encantada de que xente tan fantástica dea continuidade á revista e, por outro, agradecidísima de que no primeiro número desta nova fornada se recomende a lectura do meu "O agasallo de Anya".
Iso si que é un verdadeiro agasallo para min, igual que o é compartir páxina con Begonha Caamaño quen foi e é un referente para min, tanto como muller como na súa faceta de escritora.
Grazas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario