domingo

No IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Alí foi onde pasei unha fantástica tarde o luns pasado, acompañada por setenta e tantos alumnos de ESO (1º, 2º e 3ºPDC) que leron previamente "O agasallo de Anya".

Encantoume o seu interese por coñecer máis detalles sobre a novela, sorprendeume o ben asimilada que tiñan a historia das dúas protagonistas e ilusionoume que me contaran a "nota" que sacaron no exame do libro mentres lles asinaba o seu exemplar. Unha gozada!!!





Trala xuntanza, prestoume un montón ir tomar unha sidra e botar unhas risas coas profes e amigas que me convidaron a pasar esta tarde tan agradable en Ribadeo.

Rematamos a xornada, Xiana e mais eu, na Praia das Catedrais moi contentas e satisfeitas. Que ben o pasamos!




E desde aquela tarde gardo con moita ilusión este precioso debuxo co que me agasallou Jairo, un neno de 2º de ESO. Un detallazo!


Grazas!!!

Ningún comentario: