domingo

Tarde fantástica no cole de Friol!

Tan só catro días despois de pasar unha tarde estupenda en Ribadeo, acolléronme no Colexio de Friol as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria xunto con algunha rapaciña de 1º de ESO despois de leren “O agasallo de Anya”.

Ensináronnos a súa acolledora Biblioteca e alí pasamos, Xiana e mais eu, unha tarde inesquecible sorprendéndonos co traballo de lectura e investigación que fixeron estas grandes lectoras e lectores arredor desta novela infantil que tantas satisfaccións me dá. A verdade é que sabían un montón de cousas sobre Ucraína, o accidente nuclear de Chernobil, o proxecto “Mochilinhas de cores”…

En fin, que me aprenderon un montón de cousas!!! ;)



Gustoulles moito ver as grivnas, en moedas e billetes, que levaba Xiana no seu maletín así como o diario de Anya, a carta de Icía, o trevo de Sasha, o poema de Irina… Pero penso que máis me gustou a min ver as súas cariñas de curiosidade e sorpresa.



Grazas, moitas grazas por convidarme a pasar unha tarde tan estupenda con vós!!!



Ningún comentario: