Hoxe quería contarvos o ben que o pasei compartindo a tarde do luns con dous grupos de nenas e nenos no Centro Educativo GALÉN, en Lugo.
O encontro foi nun lugar privilexiado, rodeados por máis dun cento de carballos "cuspidiños" a aquel baixo o cal sentaban Xiana e Uxía para falar das súas cousas... igualiños tamén a aqueloutro que había á entrada do fogar no que vivían Anya e Irina...
Dicía que vos quería contar o fantástica que foi esa tarde, pero adiantóuseme a profe Catuxa contándoo no Blog de Galén en Primaria. Así que, se premedes no enlace anterior, accededes á bonita crónica que fixeron elas desa tarde e a min só me queda agradecerlles, unha e mil veces máis, a fantástica acollida que me deron.
GRAZAS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario