Foi o pasado día 18 de maio,
esa tarde esperábanme os rapaces e rapazas de 1º de ESO do Colexio Concepción
Arenal en Ourense.
Desde alí demos un pequeno
paseo ata o Colexio e, nada máis entrar no vestíbulo, levamos unha agradable
sorpresa… Topámonos de narices co anuncio dunha dobre visita: o meu irmán e mais
eu!!!
Quen nos ía dicir que,
corenta anos despois, iamos compartir aulas de novo…
O encontro co alumnado dos
dous grupos de 1º de ESO foi fantástico, botamos arredor de hora e media
charlando sobre a historia de Xiana e Anya, interesáronse polas vivencias reais
que deron lugar á novela, contáronme e preguntáronme un sinfín de cousas,
asineilles os seus exemplares de “O agasallo de Anya” e aprendín un montón con
todos eles e elas…
Ao remate do encontro houbo
un grupiño que tiña exame do libro, fixérono mentres os demais aproveitabamos
para facernos unha foto na entrada do colexio.
Volvín para a casa moi
satisfeita, contentísima pola boa acollida e encantada con este libro tan
especial que, desde ese día, ocupa un lugar privilexiado entre as miñas
lecturas. Trátase dunha versión de “O agasallo de Anya” que eles mesmos
elaboraron para min e fixérono capítulo a capítulo entre todos. Unha
preciosidade!!!
GRAZAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario