O xoves 21 fixen outra
visita fantástica. Compartín parte da tarde co alumnado de 5ºA e 5ºB do Colexio
San Xosé en Lugo.
Eu diría que poucas
sensacións pode haber máis gratificantes que a de ter, fronte a ti, un cento de
ollos e outros tantos oídos expectantes, atentos e interesados nas cousiñas que
lles vas contando. Paseino de marabilla!!!
Déixovos o enlace ao seu
blog e así vedes como recolleron o noso encontro que ilustraron coas fotos que
nos fixo a profe Paz. Podedes acceder premendo nesta imaxe.
Encantada de pasar a tarde
de vós. Grazas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario