domingo

Con alumnado do CEIP Veleiro Docampo

Como sabedes, este blog ten unha sección chamada Contádeme á que podedes acceder desde o menú da dereita. Pois ben, hai pouco máis de quince días este apartado do blog estivo moi activo grazas a Paula, Zaida, Luisa, Cecilia, Nadir, Celia, Sergio, María, Lorena e Cristian... Todos eles son nenos da clase de 5ºB do Colexio Veleiro Docampo de Castro Ribeiras de Lea e contábanme que estaban lendo "O agasallo de Anya" coa súa profe e titora Marián. Dicíanme tamén que lles gustaba moito o libro e que lles encantaría que fose ao seu cole...

Dito e feito! Falamos coa profe e o xoves pasado a primeira hora, antes de ir traballar á Pontenova, estiven na súa clase. Paseino de marabilla e déronme unha benvida así de chula...


Resultoume moi agradable poñerlles cara a todas aquelas nenas e nenos cos que eses días de atrás falara a través dos comentarios deste blog. Tamén me encantou coñecer ao resto do alumnado de 5ºA e 5ºB

Foi estupendo estar con eles. Contámonos moitas cousas, fixémonos preguntas, intercambiamos sorrisos e ata sinaturas... Eles pedíronme que lles asinase os seus exemplares de "O agasallo de Anya" e eu agradecinlles que me asinaran a cartolina tan bonita que debuxaron para min.




Coma sempre, gardo e gardarei con moito cariño o fantástico recordo desta xornada coas nenas e nenos de Castro e mais coa súa profe Marián.


GRAZAS!!!

2 comentarios:

marián dixo...

Graciñas a ti pola visita!!! Estivemos encantados!!!! Non todos os días che firman un libro. :) xa falaremos para o seguinte libro jajajajajajaja <3

Sabela dixo...

Que ben o pasei!!! Tes uns nenos e nenas ben riquiños... ;)
Un bico ben grande, Marián.