sábado

Na revista Latexos

Se alá polo mes de xaneiro compartía con vós unha reseña que facían na revista Irimia sobre "O agasallo de Anya" e un mes despois vos contaba que falaban dela na revista Cómaro, hoxe achégome a esta ventá para contarvos o contenta que estou coa publicación, na revista LATEXOS, da entrevista que me fixo Lucas García, alumno de 4º de ESO no IES Pedregal de Irimia de Meira.


Debo contarvos que lle teño un cariño moi especial a esta revista (e tamén ao meu entrevistador) pois naceu hai xa algo máis de vinte anos, nada menos que sendo eu profesora de mates nese instituto. Lembro a ilusión daquel primeiro equipo da revista coa alumna Sonia Villapol ao fronte, hoxe científica de gran renome en medio mundo e tamén na súa casa de Whashington Dc e mais na de Bretoña ;)  

Quero agradecer desde aquí ao actual equipo de Latexos que incluíse a entrevista que me fixo Lucas e a el o feito de pensar en min para a súa aportación á revista.

Déixovola aquí por se lle queredes botar unha ollada:



GRAZAS!!!  

Ningún comentario: