Así é como vén Xiana estes días grazas aos zoquiños tan xeitosos que lle fixo Elena Ferro... Calzada con eles goza das dúas cousas que, segundo di, máis lle gusta facer: ler e mais gabear polas árbores do xardín.
E non digo que veña "pisando forte" só polo calzado que se gasta, senón porque xa andamos empezando a anotar na axenda próximas visitas a colexios para falar coas nenas e nenos sobre "O agasallo de Anya". Ela non o di, pero eu creo que iso lle gusta tanto como o de gabear polos carballos ;)
Deixámosvos unhas fotos lembrando as visitas que fixemos o ano pasado a colexios e institutos, ademais de algunha que outra biblioteca municipal. Para nós, foron momentos moi especiais.
Grazas de novo a todas e cada un deles polo convite!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario