Se cadra vos acordades de que a principios deste ano vos contaba que no Proxecto de Educación Dixital da Xunta -a través do cal o alumnado de 5º de Primaria traballa sen libros de texto grazas á implantación do libro dixital- incluían, nos contidos de Lingua Galega, un tema no que tomaban como base algúns dos textos de "O agasallo de Anya" para traballar conceptos lingüísticos a partir deles...
Se queredes, podédelo recordar premendo sobre esta imaxe ;)
Ben, pois a Editorial Rodeira do Grupo Edebé que é a encargada de elaborar eses materiais contactou de novo comigo para falarmos e... xa teñen listos novos contidos co mesmo fondo e, desta volta, dirixidos ao alumnado de 6º curso de Primaria!!!
Estou encantada e moi agradecida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario