Así de suxerente é o título dun fantástico traballo que desenvolveron María Guerreiro e Pilar García durante unha licenza por estudos que lles concedeu a Consellería de Educación e que remataron hai tan só uns meses.
O proxecto consistiu na elaboración de diversos materiais multimedia encamiñados a reforzar e mellorar a competencia lingüística do alumnado á vista das carencias que o profesorado ía detectando e manifestándolles no seu labor docente como orientadoras en diferentes centros educativos.
Deseñaron un conxunto de secuencias didácticas coa finalidade de reforzar a lectoescritura e mais a comprensión de textos baseándose para iso en "O agasallo de Anya".
Así o expresan elas na introdución ás actividades propostas:
Así o expresan elas na introdución ás actividades propostas:
A día de hoxe, estes materiais aínda non están dispoñibles na páxina web da Consellería de Educación, pero agardamos que axiña se poida acceder a eles desde a sección de Recursos Educativos.
Mentres e non, cóntovos o contenta e agradecida que lles estou a Pili e María por elixiren esta novela para desenvolver un traballo tan interesante e ofrézovos, co permiso delas dúas, uns "pantallazos" dalgunhas das actividades que elaboraron.
A que é doado imaxinar o contenta que estou? GRAZAS!!!
2 comentarios:
Agradecidas estamos nos!! E porque a nosa formación "tic" limitábanos que se non faríamos milleiros de actividades. Ese libro teu é unha mina de recursos para traballar na aula.
Grazas a vós, que soubestes sacar o material en bruto desa mina para pulilo e facelo valioso!!! :*
Publicar un comentario