Que tarde máis marabillosa!!!
A pesar de atopar Lugo completamente agochado baixo un denso manto de néboa, foi unha tarde de alegría, de luz e de cores.
Paseina con cincuenta nenas e nenos de 5º curso do Colexio San Xosé e a verdade é que foi estupendo falar con eles, contarlles cousas, escoitalos, responder centos de preguntas intentando satisfacer a súa curiosidade... Impresionoume o controlada que tiñan todas e cada unha das situacións que viviron as protagonistas desta novela infantil.
Botamos unha hora de contos e tres cuartos máis asinando e dedicándolles os seus exemplares de "O agasallo de Anya", papeliños, axendas, marcapáxinas... Que lindos son!!!
Por certo, quedoume pena por non facerlle unhas fotos ás paredes da aula tan chulas como estaban con debuxos que fixeron relacionados coa historia de Xiana e Anya.
Menudas e menudos artistas atopei nesta aula!
As fotos que vos deixo fixéronas as súas profes, Paz e Rosa. Unhas fantásticas anfitrionas! ;)
GRAZAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario