martes

No CPI de Guntín

Hai que ver que ben o pasei a tarde do pasado luns co alumnado e profes do CPI Tino Grandío de Guntín!!! 

Estiven cun grupiño de alumnos e alumnas de 6º de Primaria e 1º de ESO que leron este trimestre "O agasallo de Anya" e que me axudaron a ver na historia de Anya e Xiana un montón de detalles curiosos e interesantes nos que eles repararon durante a súa lectura.

Tamén participou alumnado de cursos máis altos que xa o leron no Club de Lectura en anos anteriores. 
Unha delas, Rosario, foi a encargada de presentarme. 





Moitas grazas por unha tarde marabillosa!

Ningún comentario: