venres

Carpíns de cores ;)

Hoxe achégome por aquí para contarvos o novo proxecto solidario que, Xiana e mais eu, andamos a artellar desde hai un tempiño e que botou a andar onte mesmo.


O caso é que levamos xa uns meses tecendo CARPÍNS DE CORES, polo que ese é, precisamente, o nome que lle puxemos a este novo proxecto.




Propoñémosvos colaborar con nós mercando o voso par de carpíns e sabendo que así, ademais de terdes os pés quentiños, estaredes axudando ás nenas e nenos saharauis a mellorar un chisco as súas condicións de vida tras as recentes inundacións que asolagaron os campamentos de refuxiados de Tindouf (Alxeria).

Non vos conto máis, simplemente vos facilito o acceso (desde a imaxe que vén a continuación) ao blog do proxecto e alí tedes toda a información que puiderades precisar...


MOITAS GRAZAS por dedicar o voso tempo e solidariedade a estas pequenas iniciativas!!!

Ningún comentario: