sábado

Carpíns para o Sahara

Xiana está feliz e non é para menos, séntese especialmente contenta e quere contárvolo...

O caso é que a súa idea de compartir con nenas e nenos dos Campamentos de Tindouf (Alxeria), similar a outras que xa coñecedes despois de lerdes "O agasallo de Anya", está sendo todo un éxito.


A iniciativa de tecer e "vender" aqueles cincuenta pares de CARPÍNS DE CORES tivo tan boa acollida que aos catorce días de poñela en marcha xa se esgotaron todos os carpíns... E os 500€ que prevía conseguir para mandar ao Sahara, convertéronse en 900€ grazas a solidariedade de moitas e moitos de vós. Axiña llelos faremos chegar.

Madía leva estar feliz e agradecida!!! Eu tamén! ;)

Ningún comentario: