Velaí tedes o nome do Club de Lectura do IES Ánxel Fole de Lugo: "A luz do candil". Non podía ser máis acaído visto o nome do Centro ;)
Menuda tarde máis chula a que compartín con eses grandes lectores e lectoras!!!
Convidáronme ao seu Club o pasado luns, día 18, e alí estivemos charlando e rindo arredor de "O agasallo de Anya". Foi moi agradable e, coma sempre, faime moi feliz escoitar os seus comentarios, inquedanzas e curiosidades arredor da novela.
A acollida que me deron xa comezou nos corredores...
Despois, na Biblioteca xuntámonos nun agradable encontro.
Anya despediuse das súas amiguiñas encantada de pasar a tarde con elas, tamén eu!!! ;)
Mirade que vídeo tan chulo puxeron na súa páxina web. Encántame!!!
GRAZAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario