martes

No CPI de Xanceda

A mediados do pasado mes de decembro, poucos días antes de rematar o primeiro trimestre, convidáronme a visitar o CPI de Xanceda no concello de Mesía (A Coruña).

Foi unha tarde moi bonita. Esperábame un grupiño moi xeitoso de nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria que leron "O agasallo de Anya" e aprendéronme un montón de cousas interesantes sobre a miña novela ;)

Así me recibiron e me presentaron:



Despois conteilles algunhas cousiñas e eles contáronme outras a min:



 Encantáronlles as argalladas que levei para amosarlles:



E despedíronme cun precioso agasallo: o segundo tomo de "Cantos, coplas e romances de cego" de Mini e Mero que me encanta. Contáronme tamén, eu non o sabía, que Mero foi mestre no seu cole ata a súa xubilación... Todo un luxo para esa Comunidade Educativa!!!!


GRAZAS!


Ningún comentario: